Yo no enseño a mis alumnos, sólo les proporciono las condiciones en las que pueden aprender. Albert Einstein (1978-1955)

martes, 26 de xuño de 2018

FIN DO CURSO 2017-2018!!!!!!!!

Antes de rematar o curso quería facer esta última entrada para agradecervos a todos vós, papis e mamis por colaborar comigo, por estar pendentes a cada chamada, a cada petición, por axudalos na casa, por vir ao cole a ler contos, a bailar, a cantar... GRAZAS de todo corazón, xa que sen a vosa axuda o éxito deste curso non hubera sido tan grande!!!!! 

Comezamos todos con moito medo, vós, os nen@s e eu tamén, pero voume moi contenta dos resultados obtivos e deste curso tan intenso pero tan gratificante!!!! 

Tiven xa moitos alumnos e alumnas, pero a Naira, Laura, Martiño, Laia, Álex, Jaime, Nerea, Xoán, Bruno, Lucas, Yanira, Leo, Xoel, Aroa, Breixo, Ariadna, Melanie, Alfonso, Alexia e Nicolás sempre os levarei no meu corazón de xeito moi especial, xa que son os meus primeiros alumn@s de funcionaria... e isto non se olvida!!!!!! 

Espero que este non sexa un adeus e que en setembro nos poidamos volver a ver!!!! 

GRAZAS ;) 

NATALIA 






RASI TRAPECISTA!!!!!

Con todos vostedes, aquí tedes a película que fixemos durante este trimestre os nenos e nenas de 1º e de 2º de primaria!!!!!!!!

Unha Stop Motion, é unha animación que pode ser en plastilina ou outro material, para darlle vida aos obxectos! 

A idea naceu a partir dun conto que inventaron os nenos e nenas relacionado co Proxecto do Circo do cole deste curso. Despois, empezamos a modelar os personaxes e crear os escenarios. Unha vez que todo estivo listo empezamos a sacar as fotos, xa que así é como se fai unha Stop Motion, sacas moitas e moitas fotos (concretamente 513) e ao xuntalas cun programa específico fai o efecto de movemento. Ademais, os nenos e nenas gravaron o conto coas súas voces. 

Cando xa estivo todo listo, fixemos o estreo mundial para todo o colexio e agora vós, podedes velo aquí tamén!

Espero que vos guste moito!!!!! 




IOGAMOS XUNTOS DE NOVO!!!!

Antes de rematar o curso, os expertos en ioga do noso cole, que son os nenos e nenas de 3 anos invitáronnos de novo para seguir practicando esta disciplina tan difícil.

Escoitamos un conto dunhas bolboretas moi tranquilas e nós fixemos todo o que nos mandaban os profes. No seguinte enlace podedes ver a entrada da profe Elena... 

http://reimaxinamosaescola.blogspot.com/2018/06/iogamos-xuntos-o-conto-das-bolboretas.html

sábado, 9 de xuño de 2018

REMATA O CURSO TAMÉN PARA OS PROFES DE MINDFULNESS!!!!

Co 3º grupo de profes de mindfulness remata esta aventura que comezamos a principio de curso, grazas á profe Elena e a Tutifruti!!!! 
No seguinte enlace podedes ver a publicación: 


Moitas grazas Elena por axudarnos a estar tranquilos e atentos como unha ra durante este curso que está chegando ao seu fin. 

LETRAS GALEGAS!!!!!

O 17 de maio, como todos os anos, conmemoramos o día das letras galegas, ademais das actividades que fixemos na clase, a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Susana, preparounos uns xogos divertidísimos sobre María Victoria Moreno, que foi a quen se lle adicaron as letras este ano.










PINTAMOS SAL, CANTAMOS E BAILAMOS!!!!!!

Este pai e estas nais tan divertidas, non quixeron que rematara o curso sen vir a facer unha manualidade e pasar un rato divertidísimo. 

Fixeron cos nenos e nenas uns botiños de sal de cores e despois animaron a clase cunhas cancións chulísimas e en galego ;) 

Aquí tedes unhas fotos que ilustran o ben que o pasamos!!!!  













MOITAS GRAZAS POR VIR!!!! 

luns, 23 de abril de 2018

IOGAMOS XUNTOS!!!!!

Hai uns días, os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil invitáronnos para practicar ioga con eles, xa que eles son todos uns expertos... 

Aquí podedes ver algunhas fotos... 




Un vídeo dos nenos e nenas bailando a canción "Saludo al sol"... 




E se queredes ver máis, pinchade no seguinte enlace ;)

http://reimaxinamosaescola.blogspot.com.es/2018/04/iogamos-xuntos-os-profes-de-4-de-ed.html

GRAZAS PROFE DIANA!!!!